Tomiño participa nas xornadas ‘Razóns para querer Europa’ celebradas en Porto Asistiron a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, e a técnica responsable Eurodesk, Elisabet P. de Santiago

O pasado xoves 3 de maio realizáronse na cidade portuguesa de Porto as xornadas ‘Razóns para querer a Europa’, coorganizadas polo concello de Tomiño a través da súa Oficina Multiplicadora Eurodesk xunto con os seguintes colaboradores:

  • AEP – Associação Empresarial de Portugal
  • Concello de Lugo
  • CMP– Câmara Municipal do Porto
  • CEG– Confederación de Empresarios de Galicia
  • Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  • Deputación da Coruña
  • Deputación de Pontevedra
  • GAIN – Axencia Galega de Innovación
  • IGAPE – Instituto Galego de Promoción Económica
  • IPCA– Instituto Politécnico do Cávado e do Ave
  • Profi Sousa– Associação de Ensino Profissional do Vale do Sousa
  • Servizo Público de Empregode Galicia naCoruña
  • TECNÓPOLE– Parque Tecnolóxico de Galicia
  • UDC – Universidade da Coruña
  • USC– Universidade de Santiago de Compostela
  • UVIGO – Universidade de Vigo
  • Xunta de Galicia

Representando ao concello de Tomiño asistiron a concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, e a técnica responsable Eurodesk, Elisabet P. de Santiago, que participaron nas conferencias e mesas redondas. Tamén contaron coa presenza de Karina Bouzada, estudante tomiñesa que está a realizar no concello tomiñés as prácticas do ciclo de Animación Sociocultural e Turística que leu unha carta sobre as vantaxes que ofrece Europa a hora de realizar Erasmus.

Para rematar houbo unha sesión de networking na que se acadaron interesantísimos contactos que dende o Concello dean froitos pronto.



X