Tomiño recibe material contra incendios y un equipo de excarcelación para Protección Civil

A Axencia Galega de Emerxencias fixo entrega do equipamento no marco dun programa europeo de asistencia recíproca interrexional
O Concello de Tomiño, representado pola alcaldesa Sandra González, recibiu este mediodía, por parte de AXEGA (Axencia Galega de Emerxencias), equipamento e material para a prevención de emerxencias na zona transfronteiriza, no marco do proxecto ARIEM 112 (Asistencia Recíproca Interrexional en Materia de Emerxencias), cofinanciado pola U.E. a través do programa de cooperación POCTEP 2007-2013.
O acto, ao que tamén asistiron os alcaldes da Guarda e do Porriño, estivo presidido por Luis Menor, vicepresidente de AXEGA, quen explicou que o obxectivo do programa é o establecemento de mecanismos de colaboración transfronteiriza entre os servizos de emerxencias 112. “Trátase de crear un espazo común en materia de xestión de emerxencias e protección civil para mellorar a prestación dos servizos na rexión”, afirmou.
No caso de Tomiño, AXEGA entregou ao Concello, en propiedade, 12 mangueiras de auga, dúas lanzas de auga, un xogo de puntais de estabilización e un equipo completo de excarcelación. Fran Bouza, coordinador de Protección Civil de Tomiño, tamén presente no acto, agradeceu o novo equipamento salientando a necesidade constante de formación e profesionalización dos voluntarios que, no caso de Tomiño, ascenden a 30.
Sandra González, pola súa banda, agradeceu o traballo desenvolto pola agrupación tomiñesa, salientando a eficacia e rapidez co que actúa este corpo de voluntarios, sempre que hai necesidade.

Material P. Civil 2 Material P. Civil 5 Material P. Civil 7 Material P. Civil 1 Material P. Civil 4