Tomiño rinde tributo ao seu mestre máis destacado, Antón Alonso Ríos O Concello celebra unhas xornadas adicadas ao mestre agrarista con charlas, relatorios, mesas redondas e unha exposición

O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando ao instituto que fora durante anos IES Tomiño co seu nome.

O martes inauguranse unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República.

Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión.

Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista.

De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos innovadores no ámbito do ensino e a actividade desenvolvida nesa escola, baseados no aprendizaxe a través da experiencia, do aprender facendo, e da posta en marcha de métodos de ensino traidos doutros lugares do mundo fixeron que a reputación da Aurora do Provenir e do seu traballo traspasara fronteiras e foran ben coñecidos en boa parte de Galicia e outros lugares de Europa, convertindoa nunha encola de vanguarda no ensino rural.

A actividade política de Antón Alonso Ríos destaca polo seu tesón no impulso dun modelo de desenvolvemento e transformación do rural a través do ensino orientado ao agro. O seu discurso político do impulso da igualdade social nun rural próspero levouno a formar parte das Cortes de 1936 como diputado.

O Golpe militar e o conflicto bélico fixeron que a súa vida e a da súa familia estivera comprometida. Durante máis de dous anos sobreviviu percorrendo a xeografía galega facendose pasar polo esmoleiro portugués Sr. Afranio, até que foi quen de chegar a Portugal e de ahí de volta á Bos Aires, onde chegou como exiliado político. Faleceu en 1980 sendo o máximo representante do Consello de Galicia.

Na actualidade a súa obra literaria sobre educación e política é estudiada por historiadores e profesionais da educación. Os seus antigos alumnos de Tomiño, de moi avanzada idade, aínda lle lembran como o gran mestre que foi.

Tomiño rinde merecido tributo ao seu gran mestre, a partires do martes 3 de outubro. A Alcaldesa de Tomiño destaca estas xornadas como imprescindibles e fundamenta a aposta do goberno local nesta inciativa no convencemento de que o futuro exitoso dun pobo pasa irremediablemente polo coñecemento e lembranza da súa historia.

A programación das Xornadas Antón Alonso Ríos pode consultarse na web e redes sociais municipais.

Máis información e inscricións en tomino.gal. Aforo limitado 100 persoas.

 

PROGRAMACIÓN:

Martes 3 de outubro, ás 11.30h

Inauguración das Xornadas, coa participación dos alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos

– Mércores 4 de outubro, ás 19:00h

Relatorio “Antón Alonso Ríos, O percurso dun activista entre dous mundos” a cargo de Xosé Manoel Núñez Seixas

– Xoves 5 de outubro, ás 19:00h

Relatorio “Antón Alonso Ríos: Ensino, Política e Conciencia cidadá” a cargo de Xosé Manuel Malleiro Gutiérrez

– Venres 6 de outubro, ás 19:00h

Proxección do documentario “Siños Afranio”

Mesa Redonda coa participación de:

– Victor Aparicio “Coyote”, Director do documentario

– Diego Clemenz: neto de Antón Alonso Ríos

– Mario Rodríguez Gómez: amigo da familia

– Xulio Carballo: sobriño neto de Antón Alonso Ríos

Exposición durante todas as xornadas “Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país”