Medio Ambiente e Optimización dos Servizos Públicos

A área de medio ambiente e optimización dos servizos públicos ten como obxectivo promover accións de conservación, recuperación e mellora do patrimonio ambiental do territorio, así como traballar pola eficiencia enerxética e a reducción da pegada de carbono do concello.

Ten competencias en materia de xestión do lixo, xestión de augas, recursos naturais e medio ambiente.

Semana da Árbore

O Concello de Tomiño celebra unha nova edición da Semana da Árbore, nesta ocasión centrada na problemática das especies exóticas invasoras.

 

Ao abeiro desta semana realízase unha exposición no Mercado Municipal de Tomiño sobre ‘Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza’, realizada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega). Ata o 10 de xuño.

 

Ademáis, celebraranse dúas conferencias: sobre ‘As especies invasoras en Galicia’ o 7 de xuño con saída posterior para todos e todas os interesados en identificar in situ algunhas especies invasoras na ribeira do Miño, e sobre ‘A flora invasora en Tomiño’, o 8 de xuño. As dúas actividades serán no Mercado Municipal de Tomiño.

 

Entra aquí para ver o cartel e as actividades da edición anterior.

Xestión do Lixo

O pasado mes de decembro levouse a cabo unha intensa labor de comunicación e sensibilización do impacto do lixo que as veciñas e veciños xeramos nas nosas casas, e as fórmulas para facer a xestión do lixo en Tomiño máis sostible, máis xusta, adaptada á realidade de cada fogar…

X