Trinta mulleres moañesas visitan Tomiño para coñecer o seu mercado municipal e os viveiros

  • Organizada polo CIM de Moaña, en colaboración co Concello, a saída incluíu unha visita ao mercado de abastos e a un viveiro

Unha trintena de mulleres moañesas, acompañadas pola alcaldesa Leticia Santos, visitaron hoxe Tomiño para coñecer o mercado e un viveiro tomiñés. No Concello, varios membros do equipo de goberno, coa alcaldesa Sandra González á cabeza, recibíronlles e agradeceron a visita. A rexedora tomiñesa falou ás visitantes das características que fan da vila un lugar peculiar, coma por exemplo, a existencia de varios viveiros de flor e planta ornamental, con man de obra fundamentalmente feminina.

 

A alcaldesa de Moaña, pola súa banda, explicou que para a saída anual que organiza o CIM (Centro de Información á Muller) en colaboración co Concello, esta vez elixiuse Tomiño porque “querían comprobar os cambios positivos que experimentou este municipio, especialmente no seu mercado municipal e centro urbano”.

 

Acompañaron tamén ás visitantes, a responsable do CIM de Moaña, Patricia Lores e a concelleira de Servizos Sociais.



X