O artista madrileño Solano Jiménez gaña o cuarto Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández

Os segundo e terceiro premio foron para Manuel Carballeira Rivas e Sergio González Ribeiro, respectivamente

Francisco Solano Jiménez, veciño de Torrejón de Ardoz (Madrid) resultou vencedor no “IV Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández”, celebrado este domingo no Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño).

Dos 28 artistas participantes, tamén resultaron distinguidos Manuel Caballeira Rivas (Valdoviño. Ferrol) e Sergio González Ribeiro (Pontevedra), co segundo e terceiro premio, respectivamente.

O xurado, composto por recoñecidos artistas da zona, coma Eulalia Portela Jackson, Pilar Alonso e Mario Rodríguez, contou tamén coa presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González e a concelleira de Cultura, Cristina Martínez, así como un membro da Comunidade de Montes de Goián.

Os tres premios (1000 euros; 500 euros e outros 500 euros) estiveron patrocinados polo Concello de Tomiño e Comunidade de Montes de Goián, a partes iguais.

A obra gañadora foi un óleo cun paisaxe de Goián, mentres que a segunda e terceira, foron dous paisaxes do río Miño, con barco, nun caso, e montañas noutro.