Unha duzia de parellas participan nos obradoiros de maternidade da Semana da Saúde, organizada polo Concello de Tomiño

A actividade comezou onte coa actividade “Muller e saúde na maternidade: como xestionar o corpo e a emoción durante o parto”, a cargo de Nuria Peláez Rodríguez, fisioterapeuta especialista en terapias manuais e no período perinatal

 

“Muller e saúde na maternidade: como xestionar o corpo e a emoción durante o parto”, foi a primeira das actividades celebradas (onte na Casa da Cultura) polo Concello de Tomiño, dentro da Semana da Saúde 2017.DSC_0447 (Copy)

 

Este obradoiro práctico orientado a mulleres embarazadas e ás súas parellas, tentou dar ferramentas facilitadoras do parto, a través do bo uso do corpo, a emoción e a respiración. Nuria Peláez Rodríguez, fisioterapeuta especialista en terapias manuais, foi a encargada de impartir a actividade, que contou cunha ducia de parellas que, en breve, serán pais e nais.

 

A especialista, dirixirá hoxe, entre as 19.00 a 20.30h, outro obradoiro, denominado “Saúde na etapa infantil: conciencia corporal, respiración e relaxación”, con actividades individuais e grupais para aprender a sentarse, mellorar a autoestima e o coñecemento corporal, etc. Poderán asistir a este obradoiro nenos e nenas a partir dos 6 anos de idade, acompañados polos seus papás e/ou mamás, se así o desexan.DSC_0469 (Copy)

 

A semana rematará mañá, venres 7 de abril, coa conferencia “Recomendacións para un aleitamento materno exitoso”, a cargo dunha matrona experta (Carla Estévez,) en como conseguir un bo aleitamento e posibles dificultades nesta etapa. Tamén na Casa da Cultura, de 19.30 a 20.30h.DSC_0457 (Copy)

 

Para pechar as actividades desta Semana da Saúde, Laura Muinelo, doutora e investigadora de ONCOMET (GRUPO DE ONCOLOXÍA MÉDICA TRASLACIONAL) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, falará sobre a campaña de biopsia líquida, que ela máis o seu equipo están levando a cabo, a través de micromecenado, co fin de dar a coñecer esta novidosa técnica, máis rápida e menos invasora que as tradicionais (de análises de tumores a través de extracción de sangue). Será tamén na Casa da Cultura, de 20.30 a 21.30h.