Unha unidade móbil realizará en Tomiño inspeccións técnicas de motos e coches nos vindeiros días

O 23 será o día dedicado aos ciclomotores e o 27, 28 e 29, aos vehículos lixeiros
O vindeiro venres, 23 de maio, unha unidade móbil de inspección técnica se desprazará a Tomiño para realizar inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores, motocicletas e quads, en horario de mañá e tarde.
A revisións levaranse a cabo na explanada existente diante da sede da Policía Local, de 9.00 a 13.30 horas, e de 15.15 a 18.00 horas.

Por outra banda, os días 27, 28 e 29 de maio, unha unidade móbil de inspección técnica realizará inspeccións técnicas periódicas de vehículos lixeiros (masa menor ou igual a 3500 Kg.). Neste caso , as revisións practicaranse na zona empresarial Gabín-Forcadela, no mesmo horario, excepto o día 29, que só se realizará pola mañá.

As persoas interesadas poden concertar cita previa chamando ao teléfono 902309000, ou a través da páxina web www.sycitv.com.