Uns sesenta nenos e nenas do programa “É Aprender” fan unha exposición apoiando os dereitos da muller e a igualdade de xénero O Concello alberga os traballos realizados polo alumnado dos oito grupos que están funcionando na actualidade neste proxecto

Os sesenta nenos e nenas de entre 5º de Primaria e 2º da ESO que acoden regularmente ás aulas de reforzo escolar do programa “É Aprender”, pioneiro na comarca, realizaron unha serie de traballos co gallo do Día Mundial da Muller, nos que tentan salientar temas coma o da igualdade de xénero e a mellora da sociedade na que vivimos.

Os traballos, expostos na entrada da Casa do Concello, corresponde a cada un dos oito grupos que están funcionando nesta edición do programa, nas parroquias de Goián (2 grupos); Currás, Piñeiro, Estás, Barrantes, e Tomiño Centro (2). A mostra estará aberta ao público aínda ao longo desta semana.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta a importancia de incidir dende idades temperás en temas de igualdade de xénero, violencia doméstica, convivencia, etc. non so dende a propia familia, senón tamén dende os centros educativos.