Uxía Rodriguez e Charly López do Spartan Team asisten coa selección galega aos campionatos nacionais de kick boxing e boxeo

Os goianeses Uxía Rodriguez e Charly López, do Spartan Team, afinan as súas preparacións para desprazarse coa selección galega aos seus respectivos campionatos nacionais de kick boxing e boxeo.

Uxía viaxará a Guadalajara (Madrid) nos días 20,21 e 22 de xullo, para competir na modalidade de kick boxing  na categoría dos -52kg. Xa acostumada a grandes retos a goianesa vai con moitas ganas de conseguir traer este importante título.

Pola súa parte, Charly, desprázase a Córdoba do 16 ao 22 de xullo para representar a Galicia no que será o seu 1º campionato de España de boxeo, para competir na modalidade dos -69kg.

Todo un experimentado e todoterreno dos deportes de contacto que sen duda dará o máximo para tentar traer este novo título para Tomiño.

Dende o Concello, deséxanlles moita sorte a estes dous representantes do deporte tomiñés.



X