Xornadas de emprego e innovación colaborativa 2018

Destinadas á mocidade de 16 a 35/40 anos, estea desempregada ou non, e a empresas innovadoras e/ou tradicionais da zona (éstas últimas só participarían no evento do último día).

 

Trátase de conectar ideas e persoas, acompañando a emprendedoras, empresas e institucións na procura de solucións innovadoras para desenvolver marcas, produtos, servizos e experiencias que sexan relevantes para o crecemento do negocio actual de cada organización e así xerar novos espazos de oportunidade para o futuro. Sensibilizar sobre as oportunidades que as persoas emprendedoras poden topar nos sectores tradicionais e asociados ao mundo rural, a través da innovación e creatividade.

 

No contexto actual, o emprendemento preséntase como unha das alternativas para xerar novas oportunidades laborais. Ofrece ás persoas desempregadas a posibilidade de participar activamente na sociedade e na economía; e para quen xa ten iniciado un proxecto empresarial é unha oportunidade de desenvolver unha idea que poda resultar exitosa ou explorar camiños diferentes para descubrir novos nichos de mercado; comprender para poder ofrecer á clientela produtos e servizos cunha proposta de valor diferenciada e que xere experiencias de usuario para xerar empresas competitivas e sostibles.

 

OS PILARES DO PROGRAMA SON

 

  • Énchete de inspiración: nacen novas ideas e outras fusiónanse, xorden sinerxías, o obxectivo é regresar a casa con proxectos para emprender.
  • Faite oír: é un escenario perfecto para plantexar as túas inquietudes, dar a coñecer as túas opinións e que o teu proxecto chegue a oídos doutras persoas que podan darte novas perspectivas.
  • Escoita: descubre outros puntos de vista, ideas de colegas e profesionais doutras disciplinas.
  • Experimenta: non se trata de falar, senón de facer; de descubrir novos camiños a través da experimentación e o traballo colaborativo.

 

REALIZARANSE 8 ACCIÓNS; 3 obradoiros conceptuais e estratéxicos, 4 obradoiros prácticos, 1 evento de matchmaking.

 

 Leer díptico promocional

 

 

Inscríbete a continuación