XXII Encontro de Bandas de Música de Goián, o venres 21 de xullo no Espazo Fortaleza Actuarán a Banda xuvenil de Goián, a "Sociedade Musical Banda Lanhelense", de Vila Nova de Cerveira, e Agrupación Musical de Goián

Bandas de Música da Raia danse cita no Espazo Fortaleza de Goián

Será no XXII Encontro de Bandas de Música de Goián que se vai celebrar o venres 21 de xullo ás 21:00 h.

A Agrupación Musical de Goián, coa colaboración do Concello de Tomiño, organiza o XXII Encontro de Bandas de Música no que, este ano, participarán tres grupos musicais da “Raia”. A primeira en actuar vai ser a Banda xuvenil de Goián, que se estrea neste evento. A continuación, participará unha banda portuguesa: a Sociedade Musical Banda Lanhelense, de Vila Nova de Cerveira, dirixida por César Núñez (exdirector da banda de Goián), e finalmente, pechará o acto a Agrupación Musical de Goián, baixo a batuta de Pedro Villarroel González.

O encontro celébrase este venres as 21:00 h. nun dos escenarios que mellor simboliza a amizade entre ambos lados da Raia, o Espazo Fortaleza de Goián, co Río Miño e Vila Nova de Cerveira de fondo.