23 persoas obteñen a licencia de navegación no curso impartido en Tomiño A actividade formativa contou cunha parte teórica e outra práctica

O pasado sábado impartiuse en Tomiño o curso para obter ou renovar a licencia de navegación, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica. En total matriculáronse na actividade formativa 23 persoas, das cales unha pertence a un colectivo con discapacidade.

22 persoas matriculáronse na modalidade para obter o curso completo, consistente nunha parte teórica e noutra práctica, mentres que unha delas só tivo que realizar a parte práctica ao contar coa parte teórica xa convalidada.

Desde a organización queren agradecer á academia de Tomiño “O Caderno de Repaso” pola cesión das súas instalacións para poder facer o curso, xa que a previsión de chuvia impediu que pudese ser desenvolvido no Espazo Fortaleza de Goián, onde se esperaba realizar inicialmente.

A Real Federación Galega de Motonáutica lembra que tamén está prevista a organización de outro curso no mes de xuño. Para solicitar información ao respecto está dispoñible o correo electrónico info@fgmotonautica.org e o teléfono 986 22 24 40.