Esta fin de semana na AXENDA CULTURAL DE PRIMAVERA: “PELEPAU. Fío e agulla” Un concerto de once percusionistas que busca defender o poder da percusión, coma xeito de expresión artística

Esta fin de semana a AXENDA CULTURAL DE PRIMAVERA dános a oportunidade de gozar, en vivo e en directo, de “PELEPAU. Fío e agulla”; un concerto de once percusionistas que busca defender o poder da percusión, coma xeito de expresión artística. A compañía nace en Vigo e os seus integrantes son todos recoñecidos músicos, mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega. Dende o ano 2010 o grupo está recollendo a cultura das treboadas do Baixo Miño e da Raia de Portugal.

O concerto é para todo público, este domingo, 17 de febreiro, ás seis da tarde (18.00h) no auditorio de Goián. Prezo 3 euros persoas adultas; nenos e nenas de balde. Venta na propia taquilla do auditorio dende unha hora antes da función.