2a Edición Axenda Saudable

O Concello de Tomiño pon en marcha a segunda edición da súa Axenda Saudable, unha iniciativa pioneira que busca fomentar unha vida activa e promover hábitos saudables entre a veciñanza, sexa cal sexa a súa idade. Trátase dun proxecto que aposta por unha comunidade máis activa, conectada e consciente da importancia de coidar do corpo e da mente no día a día.

 

Esta proposta está especialmente pensada para mellorar o benestar das persoas adultas, ofrecéndolles ferramentas e actividades adaptadas para incorporar rutinas saudables ás súas vidas.

 

A través de andainas, obradoiros e actividades ao aire libre, bñuscase crear un espazo de encontro, motivación e aprendizaxe onde o protagonismo é compartido entre todos e todas.

Marcha nórdica

Obradoiro de Cociña Saudable en vivo sábado 31 de maio

Obradoiro de Cociña Saudable en vivo sábado 7 de xuño