Dado que é fundamental coñecer as necesidades do noso Concello a fin de articular ferramentas e medidas efectivas de traballo, é de vital importancia a participación de axentes sociais, polo que até o 15/08/2021 está a disposición de todas aquelas asociacións e entidades sociais, deportivas, veciñais, culturais, ANPAS, Comunidades de montes e augas… unha enquisa para que dende ditas entidades e de xeito anónimo participen achegando ideas.
Por mor da precaución e cumprimento das normas sanitarias optamos por este xeito de participación, evitando así os riscos derivados das reunións presenciais.