O atleta do Baixo Miño Álex Sierpes, do Atletismo Trega de Tomiño, proclámase campión na 77 edición do Cros Internacional Juan Muguerza A Concellaría de Deportes, fai chegar os seus parabéns a esto novo atleta e ao todo o club polo seu traballo

O atleta do Baixo Miño, ÁLEX SIERPES PEREIRA do Atletismo Trega de Tomiño, proclamouse campión na 77 edición do Cros Internacional Juan Muguerza, nas instalacións do estadio da Mintxeta (Elgoibar) na categoría sub12 masculina.

De novo este pasado fin de semana , o noso novo atleta volveu competir nunha proba, en terras vascas, en concreto esta vez no municipio de Elgoibar, provincia de Guipúzcoa (País Vasco) onde, apenas hai 1 semana competira no Cros Internacional de Amorabieta, Álex tivo que facer 2052 metros, 2 voltas pequenas nas inmediacións e instalacións da Mintxeta, cal lle levou a facer un tempo de 7’19”, proclamándose en solitario como claro vencedor da proba sub12 masculino , quedando en 2º lugar o catalán Nil Solé Lloret do club (A.A Xafatolis), e en 3º o atleta de Aranda do Douro, Pablo Tardajos Ricón (Aranda La Granja de Mozo Ibercaja).

Con esta nova vitoria Álex encadea 5 grandes vitorias seguidas en probas do circuíto Ador (esta tempada 2019- 2020 de Cros):

XVI ATAPUERCA (Burgos), IV PONCHE ROMANA (Lugo), XL VENTA DE BAÑOS (Palencia), LXVI CROS ZORNOTZA (Amorabieta), e  77 JUAN MUGUERZA (Elgoibar).

A Concellaría de Deportes, fai chegar os seus parabéns a esto novo atleta e ao todo o club polo seu traballo.