A Praza do Seixo acolleu este sábado os actos das Letras Galegas Moitas persoas participaron nos obradoiros organizados polo Grupo de Voluntariado da OMIX

Esta fin de semana celebráronse os actos previstos para conmemorar o Día das Letras Galegas, que se trasladaron por mor do mal tempo do pasado día 17 a este sábado.
Entre as 10 e as 14 horas, houbo obradoiros variados para a poboación en xeral, organizados polo grupo de voluntariado da OMIX. As dúas librerías de Tomiño puxeron á venta textos e CDs en galego con descontos que chegarob ata o 50%, asumido o 40% o Concello e o 10% restante as propias librerías.

Así, a Praza do Seixo encheuse de xente disposta a aceptar o reto de xogar nos diferentes obradoiros e gañar, deste xeito, a camiseta conmemorativa das Letras Galegas 2022, co deseño de María Silva, que participou tamén nas actividades.

A concelleira de Cultura, Ana Isabel Fernández Carrera, agradeceu a participación de todas as persoas que se achegaron á praza para celebrar unha festividade tan importante como son as Letras Galegas, adicadas este ano a Florencio Delgado Gurriarán.