O Concello de Tomiño pon en marcha a cuarta edición da súa Axenda Impacto Saudable, unha iniciativa pioneira que busca fomentar unha vida activa e promover hábitos saudables entre a veciñanza. Un proxecto que aposta por unha comunidade máis activa, conectada e consciente da importancia de coidar do corpo e da mente.
Esta proposta está pensada para mellorar o benestar das persoas adultas, ofrecéndolles ferramentas e actividades adaptadas para incorporar rutinas saudables ás súas vidas.
