A AECT Río Miño reivindica a “tarxeta de cidadán transfronteirizo” e unha Intervención Territorial Integrada Outra proposta foi a dinamización dun programa de apoio específico ao comercio local

Coincidindo co día en que Portugal e España reabriron parcialmente máis puntos de paso para traballadores transfronteirizos, onte a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT Río Miño) presentou, na Ponte Internacional que liga Melgaço a Arbo, un conxunto de medidas compensatorias que os Gobernos de Portugal e de España deben priorizar para a raia miñota polos dobres impactos socioeconómicos provocados pola pandemia Covid-19.

En conferencia de prensa que reuniu aos 14 alcaldes e alcaldesas dos municipios do Vale do Miño e os seus homónimos galegos, o director da AECT Río Miño subliñou que “os planos de recuperación pos-Covid-19 deben ter unha liña específica de apoio aos concellos limítrofes da fronteira Portugal-España, por seren territorios cuxa crise económica ten un dobre impacto negativo, o derivado da pandemia e o específico da penalización do restabelecimento das fronteiras”. Úxio Benitez engadiu que se trata “dun territorio con moitas potencialidades de desenvolvemento socioeconómico, polo que non se pode permitir que a fronteira máis dinámica entre Portugal e España, teña estado afogada economicamente como estivo estes meses: cun muro de Berlín “.

O alcalde de Melgaço clasificou o plano estratéxico da AECT Río Miño como “ben estruturado e con accións moi concretas en prol do reforzo de financiamento destas fronteiras onde, hai máis dunha década, non se fan investimentos estruturantes; son territorios esquecidos polos Gobernos de Portugal e de España”. Manoel Batista recalcou que “se alguén tiña dúbidas da importancia, relevancia e eficacia do AECT Río Miño, este é un bo exemplo de todo iso”.

A operacionalización dunha Tarxeta de Cidadán Transfronteirizo e unha ITI – Intervención Territorial Integrada- de dimensión transfronteiriza, foron as propostas de maior relevancia. A primeira será a base do desenvolvemento dun programa-piloto que promova a simplificación da vida das persoas e o aumento da eficiencia na Administración Pública baseada nas TIC para a poboación residente nos concellos limítrofes do Río Miño Internacional, promovendo desta forma unha certa cidadanía europea.

A segunda proposta refírese ao próximo período cadro comunitario 2021-2027, coa AECT Río Miño defendendo unha ITI – Intervención Territorial Integrada de dimensión transfronteiriza, lanzando o desafío ás entidades rexionais e nacionais con competencias na xestión de fondos comunitarios para asumir a utilización destes instrumentos específicos contemplados na reglamentación europea, baseados en estratexias de desenvolvemento local participativo e que permiten a adopción de modelos organizativos e de xestión máis próximos dos territorios.

Unha terceira proposta foi a dinamización dun programa de apoio específico ao comercio local dos concellos transfronteirizos que, sen prexuízo das axudas directas que ambos están a aplicar para as pequenas e medianas empresas, poida conter un reforzo de medidas de apoio indirectas, con unha campaña de promoción conxunta en Portugal e España, de modo de transmitir a mensaxe dun territorio seguro e o retorno e a importancia do comercio local transfronteirizo.

15 de xuño de 2020,
Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño.