A alcaldesa de Tomiño entrevístase co delegado da Zona Franca en Vigo para estudar vías de colaboración cos sectores produtivos do Baixo Miño A rexedora traslladou a David Regades o interese do concello tomiñes en levar adiante co apoio de Zona Franca diversas iniciativas de mellora para a comarca

ENCONTRO ENTRE O DELEGADO DE ZONA FRANCA E A ALCALDESA DE TOMIÑO PARA ESTUDAR VÍAS DE COLABORACIÓN CO BAIXO MIÑO

A visita realizada pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, ao delegado de Zona Franca puxo sobre a mesa o interese de ambos por iniciar estudos para unha posible colaboración que teña como obxecto o desenvolvemento dos sectores produtivos do Baixo Miño. Sandra Gonzalez, que asistiu acompañada do concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, trasladou a David Regades o interese do concello tomiñes en levar adiante co apoio de Zona Franca diversas iniciativas de mellora para esta comarca ribeirega.