A Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño entregou no mes de xuño máis de 20.000 quilos de alimento Atendéronse 538 persoas, organizadas en 173 unidades familiares

Máis de 20.500 quilos de alimentos foron entregados no mes de xuño pola Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño.

As familias atendidas son, coma é habitual, dos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia.

Concretamente, atendéronse 538 persoas, organizadas en 173 unidades familiares, e entregáronse 20.507 quilos de alimentos.

A distribución foi a seguinte:

4.325 Kg. en Tomiño,
11.162 Kg. en Tui,
1.014 Kg. no Rosal
2.006 Kg. en Oia.

No primeiro semestre de 2020 a asociación asistencial entregou 85.616 quilos de alimentos, repartidos entre as familias dos concellos antes mencionados.

Na páxina web: www.sostomino.org, pódense consultar todos os datos nos apartado “balances”.