
31 Out A asociación “Dalle Gas” organiza en Goián unha nova edición da Exposición de Motos Antigas O pavillón polideportivo de Goián (Tomiño) acolle o evento, ao que asisten decenas de expositores e coleccionistas de diferentes puntos de Galicia, España e Portugal
Esta fin de semana chega a Goián a XV Exposición e Mercadiño de Motos Antigas; unha gran feira de recambios para motos e coches clásicos; miniaturas, ferramentas, que xa é unha cita tradicional nesta época do ano.
O pavillón polideportivo de Goián acolle o evento, ao que asisten decenas de expositores e coleccionistas de diferentes puntos de Galicia, España e Portugal, durante o vindeiro sábado e o domingo, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas (día 3) e de 9.30 a 14.30 horas (día 4).
Organizada pola Asociación de Amigos das Motos Antigas “Dalle Gas”, coa colaboración do Concello, a exposición reúne a moitos profesionais do sector, así coma a afeccionados e coleccionistas que non queren perderse esta cita anual.