A Asociación de Comerciantes de Tomiño (Adeto) organiza coa colaboración do Concello, a IV Festa das Asociacións de Tomiño

Este mediodía a concelleira de Cultura, Cristina Martínez Souto, o concelleiro de Medio Rural, Lois Vázquez; o presidente e a xerente de ADETO, David Vila Magán e Lorena Quinteiro Oroña, respectivamente, fixeron a presentación do programa de actividades

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA OS DÍAS 8, 9 E 10 DE XULLO DE 2016

VENRES 8:

A partir das 18.30h – Praza da Mina

  • Entroido de verán para os nenos, con xogos e actividades organizados por Xoaniñas, con música, pintado de caras, talleres de máscaras, etc.

(libre participación)

 

A partir das 22.30h – Praza do Seixo

  • Desfile de Entroido de verán amenizado con música con DJ Adrian Mesu. Participarán compoñentes das comparsas Alecrin, Estrelas da Noite, Luces de Tomiño, Revolución Show e Ciklon, así como das treboadas Baixo Miño, Os da Fonte do Frade e Os Terribles de Tomiño.

Poderán participar tamén no desfile e na festa todas aquelas persoas que así o desexen.

 

SÁBADO 9 e DOMINGO 10:

De 10.00 a 21.00 h – Praza do Seixo e Rúa A Guarda

  • Feira de Oportunidades e artesanía, con ofertas en xoguetería, zapatería, roupa, complementos, cosmética, entre outros.
  • Exposición das Asociacións de Tomiño.
  • Exposición de Somosarte no Mercado
  • Exposición das Mulleres Rurais no Mercado
  • Haberá inchables para os nenos

 

 

SÁBADO 9 DE XULLO:

 

De 11.00 a 13.30 h e de 18:00 a 20:30 h – Praza do Seixo

  • Actividades para os nenos organizados por Festa A Esgalla

 

 

De 18.30 a 21.15 h – Praza da Mina

  • IV Carreira Popular, con aproximadamente 200 corredores inscritos, en varias categorías que van dende nenos de dous anos ata maiores de 70 anos.

 

  • Entre as categorías infantís e a carreira absoluta haberá unha clase de Zumba ó aire libre organizada por Ximnaxio Vip

 

De 21:30 h ata o remate – Praza do Seixo

  • XXIII Festival de Floclore internacional coas actuacións de:

◦ Escola de Gaitas e Danza Virxe do Alivio

◦ Asociación Cultural e deportiva A Meda

◦ Rancho Folclorico Casa do Povo de Aveiras da Cima

 

 

DOMINGO 10 DE XULLO:

De 11.00 a 13.30 h e de 18:00 a 20:30 h – Praza do Seixo

  • Actividades para os nenos organizados por Festa A Esgalla

 

A partir das 12 h

  • Pasarúas con moito ritmo a cargo da batucada viguesa Lenha Verde.

 

As 20.30 h

  • Actuación da escola Marcando Pasos de Baiona.

Dende ADETO explican que “o obxectivo destas actividades é realzar a asociación a través de actividades deportivas, sociais e culturais que dinamicen o núcleo urbano e atraian a xente de fora de Tomiño, beneficiando así ós seus asociados” .

Dende o Concello de Tomiño, onde se presentaron as actividades esta mañá, reiterouse o apoio a este tipo de eventos, tendo en conta tamén a repercusión positiva que teñen no comercio local.Cristina Martínez, concelleira de Cultura, salientou o esforzo da asociación de comerciantes de Tomiño para dinamizar a vida social e comercial da vila.

No acto de presentación acompañaron á concelleira, o presidente de ADETO, David Vila Magán, a secretaria da asociación, María Carmen Moldes, e o concelleiro de Medio Rural, Lois Vázquez.

Colaboran coa organización desta IV Festa das Asociacións de Tomiño, Policía Local, Protección Civil, Ambulancias Baixo Miño, Lito Sport, Supermercado Froiz, supermercado DIA de Tomiño, Ximnasio VYP, DIFERSA, Bodegas Altos de Torona, as distintas Comparsas de Tomiño e Asociacións.