A asociación desenvolvemento rural ADR MAIV BAIXO MIÑO presenta en Madrid un proxecto para persoas con discapacidade

A Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV- Baixo Miño  vén de participar nunha Xornada de Desenvolvemento Rural Inclusivo, convocada por Red Rural Nacional (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente), coa Colaboración do CERMI (Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad).

Representaron a Asociación MAIV- Baixo Miño  neste acto, o xerente, Marco Antonio García Rodríguez e Miguel Pazo Paramos, membro da Xunta Directiva da Asociación, e presidente da Asociación de Persoas con Discapacidade VONTADE.

A xornada tivó lugar en Madrid, onde diferentes entidades presentaron as súas iniciativas respecto aos proxectos a desenvolver no medio rural no eido da inclusión social.

O proxecto presentado pola Asociación MAIV- Baixo Miño (“Potenciando Capacidades”), representa unha aposta estratéxica, que xa conta co apoio da Red Rural Nacional, e coa participación de máis de 19  asociacións de desenvolvemento rural, tanto de Galicia, como doutras rexións españolas.

“Potenciando Capacidades” é un proxecto innovador que trata sobre a formación das persoas do medio rural en risco de exclusión.