A Asociación Párkinson Baixo Miño está elaborando semanalmente un caderno con exercizos de estimulación cognitiva para reforzar a memoria nestes momentos de quedar na casa Semanalmente, publicaremos máis cadernos cos enlaces para acceder a eles

A Asociación Párkinson Baixo Miño está elaborando semanalmente un caderno con exercizos de estimulación cognitiva para reforzar a memoria nestes momentos de quedar na casa.
Pódese acceder libremente ao primeiro caderno no seguinte enlace: https://drive.google.com/open?id=1gJjiPstjud_ip0vT5xe39FUjmAjQ3ZVA
Semanalmente, publicaremos máis cadernos cos enlaces para acceder a eles.
Todas as persoas que queiran recibilos na súa casa en papel (sexan socias ou non, nestes momentos complicados estaremos ao servizo de toda a sociedade) teñen que poñerse en contacto con algunha persoa da xunta directiva ou enviar un correo a parkinsonbaixom@gmail.com indicando o nome e o enderezo onde queiran recibilo.
No reparto están colaborando os Servizos Sociais dos concellos, entre eles o de Tomiño.