A Aula Cemit de Tomiño imparte unha vídeo conferencia informativa sobre as axudas para o acceso a internet de banda larga vía satélite

A actividade terá lugar este mércores, 25 de xuño, ás 11.30 horas, na sede da Aula Cemit (Campo da Feira s/n)

A Aula CeMIT de Tomiño celebra este mércores, 25 de xuño, a través de videoconferencia, unha charla informativa sobre AXUDAS PARA O ACCESO A INTERNET DE BANDA LARGA VÍA SATÉLITE.
A conferencia, dunha hora de duración, será este mércores ás 11.30 horas, na aula CeMIT de Tomiño (Campo da Feira s/n). Na oportunidade se explicará, dunha forma sinxela, os pasos a seguir para solicitar unha axuda para o acceso a internet de banda larga vía satélite, a través dun programa executado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) en colaboración coa AMTEGA, especialmente en zonas con dificultades de cobertura que non poidan usar outras tecnoloxías.

Ata o 30 de agosto está aberto o prazo para que cidadáns ou pequenas/medianas empresas poidan solicitar as mencionadas axudas, das que poderán ser beneficiarios fogares e empresas situadas en Galicia, cunha única subvención destinada a sufragar os custes de instalación, equipamento interior necesario para distribuír o sinal de banda larga.