A axenda de primavera propón para este domingo “Os Rockenstein”, una obra musical de Malasombra Producións Ás 18 horas no Auditorio de Goián. As entradas, 3 euros para persoas adultas e de balde para nenos e nenas

Malasombra Producións pon en escena este domingo, 7 de abril, “Os Rockenstein”, unha obra musical dirixida por Marcos Orsi e na que o profesor Rockenstein, un brillante científico que pasa a súa vida metido no laboratorio investigando, tamén goza coa súa gran paixón que é o rock and roll.

Aparece na súa vida a idea de crear unha criatura, un fillo para compartir a paixón polo rock, pero saen tres. Teatro e música con cancións orixinais para público infantil e familiar a partir das 18 horas no Auditorio de Goián. As entradas, de 3 euros para persoas adultas e de balde para nenos e nenas, poden mercarse na taquilla dende unha hora antes da función.