A BANDA DE GOIÁN CELEBRA O PRÓXIMO SÁBADO O CONCERTO DO SOCIO A cita é o día 13 de abril ás 20.00 h. no auditorio de Goián, baixo a batuta de Pedro Villarroel González

O próximo sábado 13 de abril ás 20.00 horas, a Banda de Goián celebra no auditorio o Concerto do Socio baixo a batuta de Pedro Villarroel González.

Con este concerto, aberto a todo o público, a Agrupación Musical de Goián quere agradecer o apoio que o Concello de Tomiño, a Comunidade de Montes de Goián, as casas comerciais e todas as socias e socios, depositan ao longo do ano para que a súa actividade cultural poida levarse a cabo.

O concerto contará coa actuación da Banda Infantil de Goián, Banda Xuvenil de Goián e Agrupación Musical de Goián.

ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE GOIÁN | www.bandadegoian.gal