A Concellaría de Deportes fai chegar ao palista Roi Rodríguez os seus parabéns polo novo logro no Campionato do Mundo de Piragüismo O pasado sábado o tomiñés e o seu compañeiro catalán no Kaiak Tudense Albert Martí, lograba a medalla de ouro na final do K2 500 na localidade húngara de Szeged

O pasado sábado o tomiñés Roi Rodríguez, e o seu compañeiro catalán no Kaiak Tudense Albert Martí, lograba a medalla de ouro na final do K2 500, na Copa do Mundo de Piragüismo, na localidade húngara de Szeged. Triunfando nun bonito e apaixonante esprint sobre a outra parella española en lide, a dos asturianos Pelayo Roza e Pedro Vázquez. Rodríguez e Martí impuxéronse en 1.29,60, por tan só 17 centésimas de segundo.

A Concellaría de Deportes do Concello de Tomiño, que dirixe Fran Campo Lago, quere facer chegar ao gran palista tomiñés os seus máis sinceros parabéns por este novo logro, na única competición internacional de piragüismo que se disputa este ano, salientando que este novo ouro é o resultado do esforzo e dedicación constante do deportista, que leva traballando duramente dende hai moitos anos.