A Deputación concede ao Concello 3000€ para a “Asistencia Técnica do Pirep Local – Tomiño 2022 para o proxecto de rehabilitación da escola de Sobrada” Tras a concesión da subvención, os traballos a realizar inclúen a información e asesoramento sobre a convocatoria; traballos previos de viabilidade técnica e económica do proxecto; redacción da documentación necesaria; etc.

                                                                                                                                                                

A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención de 3000€ ao Concello de Tomiño como parte do proxecto “Asistencia Técnica do Pirep Local – Tomiño 2022 para o proxecto de rehabilitación da escola de Sobrada”. Esta concesión outórgase as entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes, para o financiamento dos gastos derivados da presentación de proxectos subvencionables pola convocatoria do PIREP local (Bases publicadas no BOPPO nº 60 do 28 de marzo de 2022).

O Concello solicitou previamente á Deputación unha subvención de asistencia técnica para a redacción da documentación e a presentación de solicitudes de convocatoria do PIREP (MITMA Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Bases publicadas no BOE nº 60 do 11 de marzo de 2022).

Tras a concesión dos 3000€, os traballos a realizar inclúen a información e asesoramento sobre a convocatoria; traballos previos de viabilidade técnica e económica do proxecto; redacción da documentación necesaria; trámites de presentación da solicitude de axudas ao proxecto; asesoramento, coordinación e seguemento ao Concello sobre os trámites internos que lle correspondan; seguemento do estado das candidaturas e trámites para a revisión, reformulación do proxecto e/ou emenda de deficiencias.