
15 Xan 2016 A Deputación de Pontevedra concede ao Concello subvencións para a conservación do Espazo Fortaleza e adquisición de material deportivo
A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Tomiño unha subvención para financiar a conservación e mantemento do Espazo Fortaleza de Goián, por importe de 4.628,73 euros.
Asemade, o organismo provincial decidíu conceder unha axuda por valor de 560,23 euros para a adquisición de material deportivo nos campos de fútbol da Carballa e Regatiño.
Estas achegas económicas enmárcanse dentro da Convocatoria de subvencións a entidades locais con poboación inferior a 20.000 habitantes do exercicio 2015.