A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, participou este mércores nunha visita guiada pola exposición “Sorrisos transformadores” No mercado municipal, a presidenta da Asociación de Familias de Persoas Trans* ARELAS, Cristina Palacios, conversou con adolescentes do IES de Tomiño

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, participou este mércores nunha visita guiada pola exposición “Sorrisos transformadores” no mercado municipal, acompañada pola presidenta da Asociación de Familias de Persoas Trans* ARELAS, Cristina Palacios, que pronunciou unha intervención moi interesante e dun xeito directo e natural, establecendo un auténtico dialogo cos adolescentes.

A mostra, unha iniciativa artística para a darlle visibilidade ao colectivo LGTBI, estará aberta ao público ata o vindeiro día 22, e pode visitarse de martes a domingos de 9 a 14 e de 17 a 20 horas.
Participou con moito interese desta actividade alumnado do ciclo de FP Básica de xardinería, do IES Antón Alonso Ríos.

“Sorrisos transformadores” é unha exposición fotográfica que ten por obxectivo a reflexión, por parte da cidadanía, sobre a realidade do colectivo trans e a prevención de actitudes discriminatorias, e pretende sensibilizar sobre a realidade destas persoas co fin de promover a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.