A Eurocidade Cerveira-Tomiño mantén a cooperación a través de medios dixitais Os alcaldes de Vila Nova de Cerveira e Tomiño mantiveron esta mañá unha videoconferencia para tratar temas burocráticos e relativos ao estado de alarma

O alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, e a alcaldesa do Concello de Tomiño, Sandra Gonzalez, reuníronse esta mañá, por videoconferência para articular algúns procedementos de desburocratización para portugueses que viven en Tomiño, pero que aínda se encontran a traballar na Zona Industrial de Vila Nova de Cerveira, e viceversa, e que necesitan pasar a fronteira Valença/Tui, etamén para intercambiar impresións sobre as accións municipais aplicadas para a contención ao COVID-19.

A pesar de confirmar o peche dunha gran número de fábricas dos polos industriais de Vila Nova de Cerveira (nomeadamente as que teñen un maior número de traballadores), aínda hai unidades fabris, especialmente as relacionadas con industria alimentaria e transportes, que continúan a traballar, con operarios/as portugueses e doutras nacionalidades. Coa finalidade de facilitar a pasaxe na fronteira Valença/Tui, un dos nove postos fronteirizos nacionais abertos para entrada de mercadorías e circulacións de cariz laboral , o Concello de Tomiño creou unha liña de apoio dixital, con recurso a correo eletrónico (beatriz.miranda@tomino.gal ), para a emisión de certificados de residencia e de circulación de portugueses residentes en Tomiño e traballadores en Vila Nova de Cerveira. Para cuestións máis complexas, o EURES transfronteirizo tamén facilita canles específicas.

Os dous alcaldes abordaron tamén as cuestións sociais prioritarias nesta fase, concensuando a necesidade de reforzar os servizos municipais desta área, nomeadamente na definición e implementación de apoios e medidas sociais inmediatas, con actualización minuciosa e constante, manifestando a gran preocupación polos usuarios e usuarias dos servizos sociais.

A evolución da pandemia COVID-19 de ámbito nacional, en Portugal e en España, tamén foi analizada durante esta reunión por videoconferencia, salientando o alcalde de Cerveira a importancia de sentirse nunha Europa aínda máis solidaria e que, superada esta crise sanitaria, as relacións de cooperación da Eurocidade Cerveira-Tomiño sexan retomadas con maior vitalidade e entusiasmo.

Á súa vez, a alcaldesa Sandra Gonzalez eloxiou a postura do Goberno Portugués na defensa para con España e outros estados-membros europeos, e que foi moi aplaudida en toda a Galiza, referíndose ao caso das declaracións menos solidarias proferidas polo Goberno Holandés.