A Eurocidade Cerveira-Tomiño planta a ‘Árbore da Amizade’

A Eurocidade Cerveira-Tomiño planta a ‘Árbore da Amizade’ No Parque de Lazer do Castelinho con motivo da Semana Europea da Cooperación

A Eurocidade Cerveira-Tomiño planta a ‘Árbore da Amizade’Con motivo da Semana Europea da Cooperación, os alcaldes da Eurocidade Cerveira-Tomiño, Sandra González e Fernando Nogueira, participaron este venres nun acto simbólico de plantación da ‘Árbore da Amizade’ no Parque de Lazer de Castelinho.

O dito asegura que a amizade é como unha planta, porque o seu fortalecemento require un coidado e atención permanentes. E esa é a mensaxe que os concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño pretenden difundir e compartir, que a cooperación transfronteiriza, que aínda que é algo natural cómpre potenciala e dinamizala para constituírse como un factor de impacto positivo no benestar de ambas as dúas poboacións.

A árbore seleccionada foi un carballo, elixido polas súas características de adaptación ao terreo e ás condicións meteorolóxicas, que medrará no pano de fondo o río Minho e o Espazo Fortaleza de Goián.

O alcalde de Fernando Nogueira, subliñou que este acto é “o arraigamento dun símbolo da Amizade Cerveira-Tomiño que, baseándose nesta cooperación potenciada por Europa, permite fortalecer os lazos de amizade que hai ancestralmente entre dous pobos veciños, que hoxe son moi fortes e que queremos que sexan cada vez máis indestrutibles”. Á súa vez, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, engadiu que “as árbores, que significan natureza, contribúen á posta en valor deste medio natural obxecto da cooperación transfronteiriza que existe entre Cerveira e Tomiño e que tamén se axusta á axenda europea no ámbito da protección, preservación e posta en valor do patrimonio natural”.

O Día Europeo da Cooperación celébrase anualmente na semana do 25 de setembro con múltiples accións levadas a cabo en diferentes rexións europeas co obxectivo de resaltar o potencial e a riqueza cultural presentes nos diferentes países que forman parte da Unión Europea.