A Eurocidade presenta a aplicación móbil “Turismo Accesible”, unha ferramenta para axudar a descubrir os lugares de interese de ambos os concellos Xa dispoñible para Android, foi concibida en conxunto, pola Escola Superior Gallaecia (ESG), a delegación da Asociación de Cegos e Amblíopes de Portugal (ACAPO) e a Asociación de persoas con discapacidade Vontade (Tomiño)

A Eurocidade Cerveira-Tomiño presentou publicamente, este martes, a aplicación móbil “Turismo Accesible”, unha ferramenta innovadora para axudar a descubrir os lugares de interese de ambos os concellos, especialmente para persoas con mobilidade reducida ou deficiencia visual. Complementarmente, tamén foi dada a coñecer unha guía para a promoción do turismo de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño, dirixida especialmente aos/ás axentes turísticos/as.

Diante as cerca dunhas 50 persoas, no Fórum Cultural de Cerveira, os alcaldes de Vila Nova de Cerveira e Tomiño subliñaron a consolidación dun proxecto de promoción territorial asociado ao mundo dixital e á importante accesibilidade turística. “É máis un paso para reforzar as ganas de camiñarmos, cada vez máis hermanados, nun traballo que pretende potenciar un territorio común e que debe ser accesible a todos e todas”, comentou Fernando Nogueira. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou que este é “un primeiro paso para o recoñecemento mutuo dos recursos do territorio transfronteirizo; unha forma de colocar as persoas a coñecérense e a debateren cuestións conxuntas xa existentes, ollando en fronte para un mundo de oportunidades que se poden abrir ao territorio”.

A aplicación móbil “Turismo Accesible”, xa dispoñible para Android e a agardar aprobación para o sistema IOS, foi concibida, en conxunto, pola Escola Superior Gallaecia (ESG), a delegación distrital da Asociación de Cegos e Amblíopes de Portugal (ACAPO) e a Asociación de persoas con discapacidade Vontade (Tomiño), tras ser un dos proxectos vencedores da edición 2018 do Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño, nun investimento de 10 mil euros.

Teresa Correia, da ESG, explicou que esta nova App é unha vertente interativa e bidirecional, que permite aos usuarios suxerir alteracións ou rectificacións nos percorridos, colocándoa en constante actualización. A aplicación tecnolóxica, dispoñíbel en portugués e galego, presenta unha lista descritiva e visual dos puntos máis relevantes de ambos os concellos (espazos ao aire libre, monumentos, arte, arquitectura, museos e deportes), debidamente acompañados por unha descrición e grao de accesibilidade, instalacións sanitarias existentes, etc.

Parceira deste proxecto, Catarina Carvalho, da ACAPO, salientou que a especificidade da deficiencia visual foi tida en conta na construción da App, pois “colocar fotografías sen unha descrición pormenorizada non era de todo un método accesíbel ou inclusivo. Tiña que ser unha aplicación con moita información, porque é a necesaria para quen ten deficiencia visual e quere desprazarse aos locais propostos para visitar”. Á súa vez, Miguel Pazo, da Asociación Vontade, agradeceu a “maior consciencia que hoxe os municipios teñen para a adaptación de espazos públicos para todos os cidadáns”.

Guía para a promoción do sector turístico

O turismo de Cerveira-Tomiño constitúese como unha actividade económica con grandes potencialidades empresariais e laborais. As tendencias actuais do turismo obrigan a novos contidos e experiencias que requiren a promoción dunha utilización sustentábel deste territorio ribeireño baseado nos seus recursos endóxenos.

Simultaneamente á App “Turismo Accesible”, foi presentada unha guía para a promoción do turismo de Cerveira-Tomiño, resultado de 18 meses de traballo conxunto en prol da melloría da divulgación e da promoción da competitividade do sector, a través da compilación dos principais recursos naturais, culturais e patrimoniais de ambos os municipios, con vista ao desenvolvemento sustentable dun territorio común.

Cunha forte metodologia participativa, a elaboración desta guía permitiu que, por primeira vez, moitos axentes turísticos de ambos os concellos, se coñecesen e se sentasen á mesma mesa, para compartir e debater ideas e perspectivas, en torno a elementos relevantes e comúns do turismo neste territorio, tendo en conta tamén o sector industrial do lado de Vila Nova de Cerveira, e o sector agrario do Baixo Miño e de Tomiño en particular, incidindo na produción de plantas ornamentais.

Asemade, a publicación bilingüe presenta un conxunto de boas prácticas no sector, como ferramenta de xestión ambiental e cultural, xestión empresarial, social e da calidade turística e desenvolvemento sustentable, complementado por unha check list para que cada axente turístico evalúe o nivel de coñecemento.

A sesión de traballos contou tamén coa presentación da Marca Río Miño no ámbito do proxecto Smart Miño, e do concepto transfronteirizo como valor turístico.

Visita guiada pola Aula Antonio Fernández en Goián

Antes da presentación da aplicación e da guía, unhas cuarenta persoas de Cerveira e de Tomiño, a maioría vinculadas ao sector do turismo rexional ou rural, participaron nunha visita guiada pola Aula-museo Pintor Antonio Fernández (Goián) un dos principais recursos culturais de Tomiño. A explicación estivo a cargo de Sara Quintana, licenciada en Historia da Arte. Tamén estaban presentes o presidente da Asociación Antonio Fernández, José Manuel Vila “Manei”; a Valedora transfronteiriza da parte de Tomiño, Zara Pousa; a concelleira de Medio Ambiente de Tomiño, Ana Belén Cabaleiro e os técnicos da Eurocidade.