A fotógrafa tomiñesa Pily Reñones presenta no Alivio a exposición “Camiños Converxentes” A mostra, que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no Mercado Municipal, será inaugurada o sábado ás 12.00h

Este ano, o Concello organiza para as Festas do Alivio unha exposición da fotógrafa tomiñesa Pily Reñones, que leva por título “Camiños Converxentes”. A mostra, que estará aberta ao público entre o 7 e o 30 de setembro no Mercado Municipal (1º andar), será inaugurada o sábado ás 12.00h.

Pily Reñones foi nomeada aos premios Goya de Fotografía (da Asociación de fotógrafos profesionais de Zaragoza) pola fotografía “Holanda”, na que a autora retrata a unha anciana da localidade aurensá de Riós.

Recentemente, o Concello celebrou unha homenaxe á fotógrafa, durante a cal esta fixo entrega á alcadesa de Tomiño dunha copia enmarcada da devandita fotografía.