A Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño retoma a súa actividade para continuar co asesoramento xurídico en materia de igualdade

O horario de atención ao público será os mércores de, 16.00 a 20.00 horas, nas instalacións de Servizos Sociais, previa petición de cita no teléfono 986 622 002

 

O vindeiro mércores, 15 de febreiro, o Concello retoma, con fondos propios, o servizo de atención e asesoramento xurídico da Oficina Municipal de Igualdade.

 

Durante o seu funcionamento entre os meses de outubro e decembro do pasado ano, atendéronse preto de 50 consultas e leváronse a cabo as primeiras reunións con distintos organismos e axentes sociais para a análise das necesidades existentes e a adecuada coordinación nas intervencións, especialmente en materia de Violencia de Xénero.

 

Ante a demanda detectada durante os ditos meses, o Concello retoma a súa aposta pola sensibilización e fomento da igualdade a través deste servizo, que abarca asesoramento xurídico (Dereito de Familia, Dereito Laboral e da Seguridade Social, Civil, etc.);  información en materia de recursos, solicitudes de xustiza gratuíta; xestións para a derivación a outros servizos e coordinación, e en xeral todas aquelas cuestións relacionadas coa consecución do principio de igualdade, con especial atención aos casos de violencia de xénero e situacións de especial vulnerabilidade.

 

O horario de atención ao público será os mércores de, 16.00 a 20.00 horas, nas instalacións de Servizos Sociais, previa petición de cita no teléfono 986 622 002.