A OMIX de Tomiño comeza a oferta da súa programación de 2022 Nos cursos ofertados non é preciso ningún coñecemento previo e a inscrición faise a través da web do Concello

O Concello de Tomiño, a través da OMIX, oferta, como cada ano, unha variada programación para que a mocidade teña acceso a diferentes obradoiros, cursos e actividades formativas e ou lúdicas. Así, o vindeiro mércores 2 de febreiro de 18.45 a 20.15 horas, comezará na Aula Ensaio do Auditorio de Goián un curso de iniciación á guitarrra que durará ata o 20 de abril cunha clase semanal. As persoas interesadas poden realizar a inscrición a través da web do Concello. O prezo total do curso é de 20 euros. 

Unha parte do contido da formación está baseada no método “Rock School of London”, coa autorización de dZetta Music Center Vigo, escola á que pertence o tomiñé Andres “Tito” (Heissel), o docente. Este métodoestá deseñado para aprender un instrumento moderno e á vez ir conseguindo, mediante exames. O método  Rockschool cos seus 8 graos equivale a un grao profesional do Conservatorio Clásico. A través del o alumnado recibirá formación sobre acordes, modos, harmonía moderna aplicada ao instrumento, técnica… Malia que este método está máis pensado para guitarra eléctrica, tamén se pode adaptar á clásica ou acústica. 

Ademais, ofértase tamén en febreiro un curso básico de xaponés A1 en formato online que ten como obxectivo adquirir coñecementos básicos comunicativos na lingua xaponesa: comprensión auditiva, lectora, expresión verbal e escrita poden tamén inscribirse na páxina web municipal. Comezará o sábado 5 de febreiro e será en horario de 19h a 21h, tendo unha duración total de 40h e un custe de 15 euros. 

Informamos que nos vindeiros días, a OMIX de Tomiño abrirá o prazo de inscrición dos vindeiros cursos que comezarán no mes de marzo, un online; inicio á cociña vegana e o outros dous presenciais; autodefensa feminista e monitor/a de tempo libre con título oficial homologado pola Xunta de Galicia.