A OMIX de Tomiño súmase á celebración europea “Time to move” A Oficina de Información Xuvenil forma parte da rede Eurodesk e únese á realización dun conxunto de actividades presenciais e en liña en toda Europa, durante o mes de outubro.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, coma membro da rede EURODESK e no marco da campaña europea “TIME TO MOVE”, únese á realización dun conxunto de actividades presenciais e en liña en toda Europa, durante o mes de outubro.

As actividades están organizadas por persoas expertas de EURODESK que brindan orientación personalizada sobre as diferentes oportunidades internacionais: voluntariado virtual, intercambio escolar dun semestre, prácticas no estranxeiro, etc.

A OMIX Tomiño está a preparar a súa propia campaña. Por este motivo o pasado 29 de setembro, mantivo unha reunión online coas demais profesionais da rede no Estado Español , para ultimar detalles sobre as accións que cada entidade vai levar a cabo.

Dende a OMIX de Tomiño realizaranse as seguintes actividades:

  • Elaborar e difundir masivamente un vídeo con mocidade de Tomiño, de fóra de Galiza e do estranxeiro, que por mor dalgún programa europeo de mobilidade, estivo en contacto coa oficina. O obxectivo é compartir experiencias e difundir algunhas das posibilidades que brinda Europa entre para a xente nova.

  • Organizar un concurso na rede social de Instagram; consistente en que calquera mozo ou moza poida compartir unha foto dun lugar do continente cos hashtag #MocidadeTomiñesaPorEuropa e #EuEnEuropa, etiquetando a @omixtomino e enviando por mensaxe directo captura de pantalla. Entre todas as persoas a OMIX Tomiño sorteará un lote de regalos. Un destes agasallos será o libro CLARO DE LÚA adicado pola autora, Puri Ameixide, profesora do IES de Tomiño.

Por exemplo, outra das entidades Eurodesk, AJ INTERCAMBIA, organiza o vindeiro martes 6 de outubro ás 12h, unha actividade para todos os mozos e mozas de 13 a 30 anos que teñan interese en coñecer as diferentes plataformas de emprego, au pair, campos de traballo, distintos tipos de educación, Erasmus+, bolsas e axudas etc. Hai que inscribirse aquí para a cita online;

https://europaerestu.eu/time-to-move-in-action-time-to-move-2020/?fbclid=IwAR3hJNJl2RMj-RiLDlddGAAFYHTEtyV4_X4IqSZ08Sdy6R_d-IeeK4RmG9c

Por outra banda, como parte da campaña Time to Move, o Concurso de Camisetas volve en 2020 e espera os deseños de camisetas de mozos e mozas de 13 a 30 anos de toda Europa (técnica libre). As persoas interesadas teñen ata o 31 de outubro para enviar o seu traballo e gañar unha suscrición a Skillshare Premium dun ano e unha tablet Wacom Intuos S, entre outros premios.

Máis información: https://1.shortstack.com/zPbGMw