A pasada fin de semana celebrouse en Amorín (Tomiño) a final da liga Flint da Federación Internacional IFAA Os 22 arqueiros participantes e aproximadamente 2 ducias de público encheron o campo de tiro de Amorín

A pasada fin de semana celebrouse en Amorín (Tomiño) a final da liga Flint da Federación Internacional IFAA. Unha xornada que empezaba con unha tímida choiva, pero que nin se notou practicamente.

Segundo informa o presidente do club Arco Trasno, de Tomiño, Roberto Millán Araujo, 22 arqueiros participantes e aproximadamente 2 ducias de público (cousa inusual neste deporte) encheron o campo de tiro de Amorín.

Os resultados da proba con varias categorías nas que a organizacion non quixo deixar a ninguén sen trofeo, adicouse un a cada participante.

Ao remate das probas celebrouse unha cea no propio campo para todos os participantes, acompañantes e público, facendo unha xornada de tiro con arco moi amena e entablando amizade con clubs coma Meigarco de Redondela, Arqueros Artabros de Coruña e SATA (Academia de Tiro con Arco Subzone) de Monçao.

image.png
Máis información: