A Policía Local de Tomiño aumenta o parque móbil de vehículos coa adquisión dunha moto.

moto policia localA Alcaldesa e membros do corpo de policía municipal recolleron o vehículo de mans do Vicepresidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda.

O Concello de Tomiño recibiu esta mañá a primeira moto da que disporá o corpo de da Policía Local de Tomiño. Trátase de unha Yamaha XT 660 R.
A Alcaldesa acompañada de membros da Policía Local foron os encargados de recoller o vehículo nas instalacións da Xunta de Galicia en Pontevedra. Os membros da policía local encargáronse do seu traslado.
O Concello de Tomiño viuse beneficiado dunha subvención da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia pola cal se cede en propiedade a motocicleta ao Concello de Tomiño para a utilización por parte do persoal da Policía Local.
A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou que “esta adquisión ven a mellorar o servizo prestado aos veciños e veciñas en materia de seguridade”. Segundo González, o Concello de Tomiño no último ano “tense beneficiado de importantes melloras no departamento de seguridade como ten sido o C4 Cactus da Policía Local ou o Volkswagen Amarok de Protección Civil que redundarán na mellora do servizo”.