A Praza do Seixo acolle este sábado o II Festival Vaideson A asistencia, gratuíta, está aberta a todos os públicos, que poderán desfrutar tamén das actuacións de Terapia de Grupo e Conxunto Sisto, entre outras sorpresas aínda por descubrir

Dentro dos actos programados na Axenda de Verán, o próximo sábado, 9 de xullo, terá lugar ás 21.00h a segunda edición do Festival Vaideson 2022, na Praza do Seixo de Tomiño. A Escola de Danzas e Gaitas Virxe do Alivio organiza un ano máis este festival (coa colaboración do Concello), como unha maneira de gozar do baile tradicional galego e do talento e da boa música.

A asistencia, gratuíta, está aberta a todos os públicos, que poderán desfrutar tamén das actuacións de Terapia de Grupo e Conxunto Sisto, entre outras sorpresas aínda por descubrir.