A praza do Seixo acolle o domingo 3 de xullo o evento “Balonmán na Rúa” con algúns xogadores do combinado nacional A Concellería de Deportes convida a todas as persoas interesadas (de entre 5 e 14 anos) a asistir e probar este deporte

O domingo 3 de xullo á Praza do Seixo acolle, de 11 a 13 horas, o evento “Balonmán na Rúa”, dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos. A praza do Seixo acolle o domingo 3 de xullo o evento “Balonmán na Rúa” con algúns xogadores do combinado nacional

O club Acanor Novás Valinox organiza este evento (con colaboración do Concello de Tomiño) coincidiendo co Torneo Internacional.

Entre as actividades do TIE (Torneo Internacinal de España) non podían faltar accións de promoción e captación de nenas e nenos para que coñezan este deporte. O domingo día 3, de 11:00 a 13:00h, a organización do Acanor Novás Valinox ten previsto un “Balonmán na Rúa”, que se realizará en Tomiño, para pequenos de entre 5 e 14 anos.

Concurso de lanzamentos, de habilidade e partidos entre os presentes están previstos para a mañá deste domingo na Praza do Seixo, nas inmediacións do Concello tomiñés, que por segunda vez no que vai de 2022 tende a súa man a eventos que propón o club rosaleiro.

Ademais, os asistentes poderán coñecer de primeira man aos xogadores do combinado nacional, que se hospedará durante unha semana no Hotel Nova Outeiro (Tomiño) e estará presente no “Balonmán na Rúa” participando nas actividades e asinando autógrafos.

O Acanor Valinox quere premiar aos que asistan, cunha invitación para o neno ou nena e un dos seus pais para o encontro que mide á selección española e a Montenegro o luns 4 de xullo ás 20:30h. Non é necesaria inscrición previa.

Toda a información do Torneo Internacional de España, que se celebra no Rosal do 2 ao 4 de xullo, está dispoñible na web www.tie.atleticonovas.com

A Concellería de Deportes, que dirixe Fran Campo Lago, convida a todas as persoas interesadas a asistir e probar este deporte.
Colabora Concello de Tomiño.