A Praza do Seixo acolleu a concentración e lectura do manifesto contra a violencia machista A acción encadrouse dentro da campaña “En Negro contra as violencias 2018”, á que Tomiño sumouse por segundo ano consecutivo

Na noite do pasado venres, 23 de novembro, a Praza do Seixo acolleu a “CONCENTRACIÓN E LECTURA DO MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA”, convocada pola Oficina Municipal de Igualdade do Concello de Tomiño . A lectura estivo a cargo da alcaldesa Sandra González e entre os asistentes, mozos e mozas do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas”.

    

A acción encadrouse dentro da campaña “En Negro contra as violencias 2018”, á que Tomiño sumouse por segundo ano consecutivo. Dende o Concello, solicitaron á cidadanía acudir vestida de negro co fin de conmemorar o Día Mundial contra a Violencia de Xénero (25 de novembro).