A Praza do Seixo de Tomiño será o escenario este venres 26 de xullo do Encontro dos Pobos Esta cita reunirá a grupos locais e internacionais nun encontro que pon en valor a música e a multiculturalidade

Todo listo en Tomiño para acoller o vindeiro venres 26 de xullo a XXIX edición do Encontro dos Pobos, organizado polo Grupo de Baile e Gaitas “Do Lusco ó Fusco”, coa colaboración do Concello.

Este festival  de balde dará comezo ás 22.00h e encherá a Praza do Seixo de música tradicional nunha cita para todos os públicos, que está encadrada dentro das xornadas na Guarda, O Rosal e Oia, dentro da mesma programación.

A unión e o intercambio cultural que se produce é sen dúbida o elemento diferenciador desta iniciativa, na que participará en nome de Tomiño o grupo local “Virxe do Alivio”, que estará acompañado tamén polos organizadores do evento, o grupo “Do Lusco ó Fusco” da Guarda.

Ademais, o toque internacional da noite virá da man de “Ensemble Dido”, que chegarán  á Praza do Seixo directamente dende Serbia para sorprender aos asistentes e aportar un son único e diferente.

Este evento, ao que será seguido pola cita de Oia (27 de xullo) é unha mostra máis da riqueza cultural e musical da contorna, e unha oportunidade fantástica para todas as persoas que se acheguen de disfrutar dunha actividade moi enriquecedora.