A Praza do Seixo recibe o Premio Gran de Area

A Praza do Seixo foi escollida a pasada semana polo xurado do Premio Gran de Area entre 50 propostas.
O xurado destacou o seu valor singular pola súa tipoloxía, a innovación tecnolóxica e a implantación no espazo.
A intervención urbana na Praza do Seixo foi unha obra levada a cabo polo Concello de Tomiño e dirixida polos arquitectos Perfecto Cendón e Javier Vázquez.