A Praza do Seixo vestiuse de Entroido coa visita do cole Pedro Caselles

Sobre as 12.00 da mañá de hoxe, os escolares do CEP Pedro Caselles Beltrán, de Tomiño encheron cos seus disfraces a Praza do Seixo, onde foron recibidos pola Alcaldesa, Sandra González, e compartiron un momento de ledicia e diversión.

Acompañados pola Policía Local, percorreron logo o casco urbano, enchendo coa súa alegría as rúas céntricas da vila.

 

Podedes atopar máis fotos no Facebook do Concello.