A presidenta do Consello da Infancia de Tomiño asiste en Madrid a unha reunión de traballo do Grupo asesor para o Congreso Cidades Amigas da Infancia A alcaldesa acompañou á menor, que se reunirá cunha ducia de representantes de toda España, para traballar en diferentes temáticas

A presidenta do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces novas”, de Tomiño, Sofía Areal, asiste esta mañá, acompañada pola alcaldesa Sandra González, a unha reunión de traballo do Grupo asesor de nenas e nenos, para o futuro Congreso Cidades Amigas da Infancia.

Areal, estudante do IES Antón Alonso Ríos, participa na devandita reunión representando ao Consello da Infancia de Tomiño, cunha axenda de actividades que se estenderá ao longo de toda a xornada no Comité Español de UNICEF, na rúa Mauricio Legendre 36, de Madrid.

O resto do grupo de nenos e nenas convidados á xuntanza proveñen de Laviana e Avilés (Asturias); Tiana e CNIAC (Catalunia); Villanueva de la Torre (Castilla La-Mancha); Santa Eulària des Riu (Baleares); Villanueva de la Serena (Extremadura); Huelva (Andalucía); Puerto del Rosario (Canarias); COPIA Puente de Vallecas e Alcobendas (Madrid).

A presentación da sesión de traballo tivo lugar ás 11 do mediodía de hoxe, celebrándose logo unha reunión preparatoria para a visita do Alto Comisionado de Pobreza, Pau Marí-Klose, para coñecer as súas funciones e proxectos, e facer propostas de acción.

Finalmente realizarase unha Posta en Común, na que se presentarán as conclusións, coa presenza de nenos, nenas e persoas adultas.

Lembramos que o Concello de Tomiño foi nomeado Concello Amigo da Infancia o pasado mes de outubro, ostentando ese galardón durante catro anos.