A programación cultural de primavera chega ao seu fin coa décima Mostra de Arte Infanto-Xuvenil Educarte Centros escolares de Cerveira e Tomiño amosarán decenas de traballos artísticos elaborados polo alumnado

Vila Nova de Cerveira converterase durante tres días, en capital da arte moza, coa celebración da décima edición de “Mostra de Arte infanto-xuvenil Educarte”, unha exposición que recolle decenas de traballos artísticos elaborados polo alumnado de varios centros escolares do municipio luso e de Tomiño.

A mostra Educarte posúe un dobre propósito; por unha parte o sentido da aprendizaxe e coñecemento artístico-cultural, patrimonial e ambiental, e por outra, a creación de traballos artísticos e propostas interactivas do alumnado de centros transfronteirizos, creándose ao mesmo tempo, unha dinámica de coñecemento e interacción entre o alumnado dun e outro lado da fronteira, no marco da Eurocidade Tomiño-Cerveira. A entrada á tamén chamada “A bienal dos pequeninos” é libre e gratuíta.